O segundo traballo que realiceo foi con PLASTILINA.
Decidín facer unha tartaruga e o resultado final foi o seguinte:
O primeiro paso foi facer o caparazón que consiste nunha bola verde de plastilina algo aplastada pola base e con forma de ovo por arriba.
A parte de abaixo cubrina de outro verde para que destaque e a continuación pasei a facer os detalles do caparazón. Para isto usei plastilina marrón, usei unha barriña larga e delgada para separar a parte inferior da superior do caparazón e logo formas xeométricas pequeniñas para formar o caparazón.

O seguinte paso foi facer as patas para levantar o caparazón. Con catro boliñas de plastilina verde do mesmo tamaño fanse, e logo fixenlle o detalle das unllas.

Xa por último fixen a cabeza con dous tonos diferentes de verde, ao igual que o caparazón. Logo o detalle dos ollos e a cola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario