lunes, 30 de diciembre de 2013

Boa tarde! Son Andrea Queiro Eiras e comezo hoxe este blog para a materia Didáctica da expresión plástica e visual cursada no terceiro ciclo do grao en Educaciñon Infantil na facultade de ciencias da Educación de Ourense. Na presente entrada e nas sucesivas ensinareivos os catro traballos prácticos que realicei e as pautas que seguín para facelos estes últimos meses. O primeiro traballo realiceino coa técnica do CARBONCILLO. Aínda que aparentemente pareza un traballo complicado teño que dicir que cando comezas a facelo resulta doado. Material necesario: carboncillo, difumino de varios tamaños (punta grosa e delgada)e papel ingres. O 1º paso foi debuxar os rasgos da foto orixinal no papel ingres. Eu comecei polos rasgos faciais e o contorno da cara. unha vez marcada a figura principal pasei a pintar o pelo usando máis carboncillo para conseguir un oscuro perfecto. Os detalles máis minuciosos, como os ollos ou a boca acabeinos co lapis de carboncillo. Foi unha técnica que me gustou xa que o difumino permitiache corrixir erros e extender por donde quixeras o carboncillo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario